lunes, 31 de agosto de 2009

*No tengo nada que ofrecer; excepto sangre, sudor y lágrimas*


Levo tempo dándolle voltas á idea dunha nova entrada, 
posto que esta últimas non é que fosen precisamente destacadas...
Pero non hai....onte lin a prensa e tiven un momento de inspiración que deixei pasar.
Será porque se foi a musa, o principio xerador de tormentos que me fai vomitalos, todos eles, en forma de verbas.
Por renagar a pertencer ó teu harén, xa non teño nada que contar;
baleira como estou de léxico metafórico que me faga revivir acedos momentos.
E non deixa de resultar sumamente tráxico, algo que apena polo tanto,
que deba sufrir para poder escribir;
rememorarte para ser capaz de remover as miñas xeadas entrañas.
E se no fondo, o que importa, é que se non escribo significa que estou ben,
que  a paz se fai dona do meu corpo e en parte da miña mente.

Como aquel creador colérico, así é o meu carácter 
polo que as reaccións moméntaneas de fervente exaltación de autodefensa, 
á vez que xeradoras de ofensa allea,
para nada importan porque se pasan cando tal exaltación desaparece.
O que queda é o fondo.
Pero así é como ten que ser.

2 comentarios:

Souso dijo...

Unha vez tiben un cravo
cravado no corazón,
y eu non m´acordo xa s´era aquel cravo
d´ouro, de ferro ou d´amor.
Soyo sei que me fixo un mal tan fondo,
que tanto m´atormentóu,
qu´eu dia e noite sin cesar choraba
cla chorou Madalena na Pasión.
"Señor, que todo ó podeles
-pedinlle unha vez a Dios-
dáme valor pr´arrincar d´un golpe
cravo de tal condiçón".
E doumo Dios e arrinqueimo
mais...¿quén pensara?...Despois
xa non sentín máis tormentos
nin soupen qu´era delor;
soupen so que non sei qué me faltaba
en donde o cravo faltóu,
e seica... seica tiven soidades
d´aquela pena... ¡Bon Dios!
Este barro mortal qu´envolve o esprito
¡quén o entenderá, Señor!


Inque nem cravos nem ostias, o melhor som ums sigharrilhos da risa, umha botelha de johnnie e ala, a tirar pra diante! ou que??


Apertas, beijos e felisidá! :P

Vanesa Iglesias dijo...

DEnde cando un comentario é mais fermoso que un entrada?¿?xD. Mente prodixiosa, moitas gracias!!

Curateme pronto que hai que ir de cañas!!

Bico!!!

"soidades daquela pena"**