martes, 24 de noviembre de 2009

*Alguien que visita su desgracia como quien va a la feria, con cierto entusiasmo infantil...*


Pode ser que a choiva e os días grises fagan aflorar a miña sensibilidade
por iso notar escorregar unha bágoa pola miña face
sen apenas motivo algún, pode non ser tan absurdo.
Redescubrín estes días, como tantas outras veces,
cousas que adoro, que albergo no subconsciente gardadas,
gracias ás cales te vas formando como persoa
e que necesitas reavivar... e cando o fas,
non logras entender como é que as archivaras.
Trátase dunha novela e do seu autor.
Evidentemente, del non me podo esquecer
posto que o título do meu blog (que abro a diario), 
débese só a el.
Pero agora, volto escoitar parágrafos da novela
cuxa fotografía ilustra esta entrada
gracias ós programas colgados na rede,
(xeralmente culturais que se emiten a horas intempestivas ou horarios extranos)
que podo desfrutar con calma unha e outra vez.
Así podo permitirme, se cerro os ollos, que Ray Loriga
lea para min  frases extraídas de Ya sólo habla de amor
partíndoseme a alma por non ter tal obra ó meu carón
e botar, aínda que só fose,unha ollada á portada.
Foi unha chamada a que activou en min
o que esa novela significou,
facéndome chegar a pensar, no seu momento, que o autor
a escribira pensando na miña situación,
que non sei como, pero que a coñecía....
¡tal era a identificación co personaxe!
E sei por que se activou algo aí dentro,
porque a longametraxe acabou e mentras Ray lía,
aqueles recordos de sentimentos tan fortes que agora se tornan a febles,
eran revividos mentras que a miña pel se erizaba escoitando a súa voz, 
e as verbas...
Un sentimento de enterramento, de dor que xa non doe, de adeus para sempre.
De ideas frustradas e moreas de decepción, e desilusión.
Como aquel que derriba algo que con moito esforzo lograra erixir.
Un réquiem.


No hay comentarios: