jueves, 12 de noviembre de 2009

*Xogar a Ser Dios*


Quero,...
...vou....vou a facer que neve sobre min. Aquí.
Cada copo enfriará cada poro da miña pel.
Vou ser a persoa máis feliz nun mundo gris.
Vou facer que venzas cando eu gañe.
Voume deitar con Jim Morrison cada noite, 
e despois durmir sola.
Voltarei a casa só en soños 
e para cando abra os ollos golpeareime co colchón máis doce do mundo.
Voltarei a ver, non só de cerca,
polo que os anteollos serán sobre a miña face inútiles
como un escote entre  persoas intelixentes un día de festa.
As sustancias prohibidas que inxira axudaranme a sanar a dor de cabeza
que me oprime cada vez que voltas á miña memoria.
E soamente escoitar de novo a túa voz servirame para voltar tocar a terra,
lonxe da idealización na que recaio cada vez que te recordo.
Serei capaz de odiar, de mentir, de pegar, de ocultar e de ser hipócrita.
Vou volver a querer como se nunca me fixeran dano.
E aprenderei a estar calada cada vez que o grao de intoxicación sexa un pouco alto.
Cada nome que coleccione grabareino na cabeceira da miña cama
cunhas uñas longas, preciosas dignas de ser fotografiadas,
e recordareinos todos.
Amarei cada arte que encontre e na columna de papel na que reine
escribirei o meu nome, repetido unha e outra vez
como unha marilyn serigrafiada.
Cansereime de gritar, a ti que nunca me oirás.
Finalmente tinguirei os meus ollos dun  azul tan intenso,
luminosos, tan forte,
que me servirán para encontrarte cada vez que estén cerrados.

2 comentarios:

Souso dijo...

Bipolar...?

Que tal onte á notinha loh..? Ibas cheeeea mecawendioh... xDDDD

Beijo! =P

Vanesa Iglesias dijo...

Paiaso!! Nada de chea pero nenos bonitos a moreas...
pena de retirar cedo...you know?? jaja..
By the way, feliciades pola próxima contratación catalana!



bico!!****