miércoles, 4 de noviembre de 2009

*MeIK a NoIS*


SSSSSShhhhhhhhhhhhhhhh!!!!!
Mírame. Non te quero. Non nos queremos.
Ninguén quere a ninguén.
Voume deixar levar agora por un narcisismo tan forte que ninguén será quen de parar.
Serei como un mod autoalabándose en pleno éxtase azul
mentres a túa voz resoa na miña cabeza 
con tal distorsión que xa non a saberei recoñecer.
Un día vinme, fóra de min, como me ves ti,
e gusteime,
igual que gusto a un exército de boas persoas
que gustan de falar comigo, de estar comigo.
De sentirme repudiada, só ti me empuxas.
Gustoume dende a tinta da pel ata as delgadas muñecas,
que se movían de forma aleatoria ó ritmo dunha música que antano escoitaba contigo
mentras os dedos estáticos se afanaban en soster un cigarro
do que cada calada que fumaba, me facía voar máis alto.
E vinme, e gusteime.
E dende ese día non te entendo.
Será unha seña de que xa se apagou,
e só chamadas gratuitas e secretas invitacións rexeitadas
son as que me fan comprobalo.
Creo que xa está, esta vez xa non vexo sangue.
Cerrou a ferida por fin e nada a consegue reabrir.
Vinme, e gustoume o que vin.

3 comentarios:

Souso dijo...

ES MÁIS BUNITA CUM SACHO COM PEGHATINAS, MOSSAAAAA!!!

Vanesa Iglesias dijo...

ë a túa expresión a que me cautivAA.,,,,,,mosssooooo!!+++++***

Souso dijo...

DIOOOOS... SE CHEIRO ASSIM É POR COMO ME PÓS!!!

xDDDD

Miro-vos hoje o d'interné logho... a verese, a verse...

=P