domingo, 29 de noviembre de 2009

*Rome Wasn´t Built In a Day*



Probablemente xa titulara algún dos meus textos paranoicos con este dito,
pois sóame moito e non só pola canción de Morcheeba
que me invitou a denominalo así.
Imaxino que se debe a que é unha expresión 
que deberiamos, de forma habitual, ter presente
e repetírmola a nós mesmos.
Pero a lectura que eu agora lle dou (e son quen de facelo por fin)
non é para pararme e/ou frear a  miña impulsividade 
(a cal sempre me conduce por sendeiros sinuosos),
senón para todo o contrario:
para reafirmarme no que aprendín.
Para poder decir que sí, xente, que o dito ten validez.
Só se precisa tempo e forza,
aprender dos golpes e tentar non volver bater.
Chegar a coñecerse é a única forma para poder controlar
aquelo que dan en chamar cabeza,
a compañeira que traballa tan rápido...
E dalo feito, saber o que queres,
permite que crezas, faite sentir forte...
E sí, certo é tamén, a esencia da persoa non cambia
pero á persoa, ó igual que o contexto, sí.
Igual que a cidade acicalada para nadal,
igual que a roupaxe do teu armario,
igual que as exposicións temporais nos museos máis visitados,
igual que a cor da pel tinguida polo sol estival.
Pode que esto sexa crecer...
eu quédome coa sensación de ser consciente.

No hay comentarios: