viernes, 20 de noviembre de 2009

*La Lluvia Antes de Caer*




Saín unha noite cunha amiga sexualmente hiperactiva
e con outra amiga sexualmente frustrada.
Cal foi a miña sorpresa que véndome, deixándome levar por unha música que aborrezo e odio, sentinme observada e decidín observar.
Probablemente non cumplira o prototipo "tía-sola-nunha-noite- de-caza" debido ó meu atuendo,
pero alí estaba eu, de mercado en mercado.
E cada vez que se daba o "cambiamos?¿?" o nivel de esixencia por parte de demandantes ía baixando. A ecuación de "a máis horas maior nivel de contaminación en sangue" tamén podia afectar.
Soupen que esa noite non sería eu cazadora,
pero a sensación de saber que podía disparar,
que a bala disparada sería aceptada polo branco,
que gustaba de ulir o olor a pólvora, motivoume.
A atracción, ou saber que podes atraer, senta ben as persoas
sempre que un sexa consciente de estar pisando a terra
porque olladas de cazadores/as hai moitas en calquera dos numerosos mercados nos que alternar,
pero non todas miran cara a un.
Gustoume ver como a actuación de persoas,
con líbido esaxeradamente alta atizada por grandes doses de alcohol
se moven nunha ritual bacante para min case descoñecida.
E sorprendeume tamén o doado que pode resultar facerte cunha presa.
Olladas que bailan de corpo en corpo,
grupos que se concentran ocupando un recinto
tan grande como claustrofóbico e cargado...
"Desisto"-dixen- "a expedición antropolóxica resultou interesante pero agora voume".
Se o difícil é encontar alguén con quen manter unha conversa interesante,
pero seres cos que saciar as ganas de sangre, sobran.

2 comentarios:

Unknown dijo...

Os meus parabens, espero que sigas disparando palabras con tan boa puntería como todo o que acabo de ler, moitas das frases son tan directas en vena como Heroine de Reed....

saúdos

Vanesa Iglesias dijo...

alédame moitísmo ler esto! Moitas gracias!