Non existe ningunha brida o suficientemente longa nin forte,coa que poder atar os meus sentimentos.
Porque todavía non se creou e porque, fronte a eles,
o home non é quen de loitar: non se da.
Coma ás que se despregan, voan cara a ti,
buscándote de forma case desesperada.
E voltan a casa, cansas e baleiras,
pregadas sobre sí mesmas unha e outra vez.
E síntome tan triste por saber de antemán,
que algún día, de novo,
se volverán despregar baténdose sen que a razón poida mediar...
Desexo entón, cada noite, e con tódalas miñas forzas,
que o castigo de Tántalo que me supuxo o terte atopado,
remate xa por fin. Ficando de cansancio. Falecendo de agotamento.


