jueves, 3 de diciembre de 2009

*Sí, yo lo haría, yo besaría a un sapo*

Portishead.
Non necesito música para follar.
Xa levo as bágoas tatuadas na cara aínda que non visibles.
E como tal ilustran a miña pel, de forma tan fermosa
que forman parte de min, sen min, sen nada.
Non me dou recuperado, se levanto a miña cabeza é para procurar non entenderme.
Ser coherente co teu corpo diante é unha utopía e nada funciona,
cando escupo todo eso que me revolve por dentro só cinco minutos
por mor da túa ausencia,
xa non hai nada que facer porque non hai nada.
Non hai nada só materia, só corpo, un corpo baleiro por dentro.
Pódeme o orgullo.
Creo que me quero demasiado como para deixarme querer.
E creo que me quero demasiado para permitir que non me queiran.
Non hai máis cara adonde ir.
Non podo aceptar recibir menos do que dou.
E non hai nada, por iso están tatuadas,
bágoas irreais sobre a miña pel, non teñen vida.
Non significan nada.

2 comentarios:

B.H. dijo...

Increíble. Hacía tiempo que no leía nada tan hermoso, y tan triste...esto tiene que acabar ya...tanta tristeza, tanto vacío, tanto precipicio...no...Un beso grande. Ánimo cariño

Vanesa Iglesias dijo...

Ola miña nena. NOn te preocupes, se esto non é mais que unha forma de desafogo, xa o sabes ti. Quérote moito princesa, alegrome moito de terte coñecido. Bico enorme.