miércoles, 23 de diciembre de 2009

*Falsamente Baseado Nunha Historia Real*

Abbey era unha cadela que podemos denominar como intelixente, viva, desperta,...ou eso era o que pensaba e sempre lle dicía a sua dona, aínda que ela non o quería crer demasiado.

Abbey un día perdou un amigo. Nunca lle quixeron contar qué pasara pero ela sabía que aquela rapaza que rondaba por onda eles continuamente e miraba a Pol (o nome do seu can amigo) con ollos de "neno que quere ter ese can para torturar" tiña moito que ver na misteriosa desaparición. Pero pronto Abbey dou con outro can. De forma temperá se decatou de que a este non o miraba cos mesmos ollos cos que miraba a Pol: o sentimento era distinto, máis forte quizais...

Acompañábao a pasear, pois gustaba de que a visen con el. Era un can alto e delgado; un galgo castano escuro, que sempre andaba solo pero nunca lle pasaban desapercibidas todos aquelas féminas de raza canina. Claro que Abbey nin se decataba, pois os seus ollos non tiña máis ca unha única dirección, ós del. El deuse en chamar Bob. Bob ladraba moi alto e moi ben, pero emitía uns ladridos que Abbey nunca chegaba a entender, como se estivesen ocos. Bob percibiu, un pouco máis tarde, que tampouco podía apartala ollada de Abbey (eso sí, sen deixar de reparar no resto das cadelas que pasaban polo seu lado o día en que o dono o sacaba ó gran parque, que xeralmente eran os xoves e os sábados).  Así foi como iniciaron unha relación (aínda que non estou segura do grao de formalidade que pode ter unha relación entre cans...bueno, supoño que eles tampouco). Bob comía unhas herbas que atopaba nunha zona extraña do parque. A Abbey gustábanlle, bueno, gustáballe comelas con el. Pronto Abbey se veu atrapada co paso dos días nunha espiral de sentimentos forte, descoñecida para ela e que a impulsaba a desexar compartilo todo con Bob. 

Abbey  gardáballe parte do seu pienso caro; Abbey gardáballe tamén parte da ración de comida de lata que tocaba unha vez ó día e que constaba de trozos de carne o suficientemente grandes para saborear pero o suficientemente pequenos como para morder con facilidade; Abbey leváballe o mellor pao arrancado da zona máis difícil do vello muro de pedra para xogaren xuntos; Abbey roubaba ás agochadas as pelotas máis fermosas da pequena irmá da dona para regalarllas a Bob; Abbey pasaba de facer buracos no xardín para non ensuciarse por se el se acercaba, Abbey,...en fin...Abbey non era capaz de ver que Bob prefiría xogar co seu pao propio..., ben só ou ben con outras cadelas que nin de lonxe tiñan o precioso pelo, longo e branco, branquísimo que tiña Abbey e as cales cando ladraban, executaban un abano de vocabulario canino que podemos dicir, era máis ben limitado.


Un día Bob díxolle que a deixaba, que non quería dar máis paseos polo parque con ela. E como Abbey non o esperaba (a pesares das evidencias...) púxose moi triste, moi, moi triste...Tan triste que a branca pelaxe se tornou a amarelo roto; tan triste que a longa pelaxe, peinada e brillante, se anidaba afeándose e complicando o laborioso proceso de cepillado á que todo os días a sometía a súa dona, quen, mentras a peinaba sen que ela opuxese resistencia (incríblemente), lle escorregaban as bágoas polo rostro de ver a súa cadela tan triste, tan triste que xa non recordaba cando fora a última vez que ladrara. Tan triste que estivo así días que se tornaron a meses, e meses que se tornaron a anos....sen decatarse que esa insana tristeza non merecía ser vivida por culpa de ningún can.

Pero a tristeza de Abbey rematou o día que esta pisou a praia. Era estío pero semellaba que toda a xente  deixara a area despexada para que ela soa correse, sen ninguén máis, sen nada, coa cabeza baleira para sentirse máis lixeira...E así foi como Abbey botou a correr, como nunca o fixera, con zancadas tan grandes que semellaba voar como cabalo pintado por Gericault.  As lixeiras patas non chegaban a fundirse na area húmida que se introducía baixo da auga salada.  E decatouse de que era feliz. E mentras corría botou a cabeza atrás e logrou ver a todos os seus amigos cans: alí estaban Adolf, Cia, Toki, Teje, Gap, Bola, Tris, Sofo, Ter, Gio,...

  A felicidade anegaba o seu peito e daba enerxía ás súas patas. E corría, e corría e correu tanto que a praia rematou, sen embargo ela seguiu correndo sola...Sola. 


Ninguén sabe hoxe onde está todavía pero un irlandés  de marcado acento achegouse a min o outro día e pregutoume se coñecía unha cadela branca, preciosa, que non paraba de correr e que esquecera a un tal Bob. Eu díxenlle que sí. 

Abbey xa sabe falar inglés.

No hay comentarios: