lunes, 7 de diciembre de 2009

*Vanesa leva unha soa ese*

Definitivamente quizais.
Non son a persoa perfecta:
non serei nunca unha persoa tranquila,
nunca me conformarei co suficiente,
nunca aprenderei a cociñar,
nunca conseguirei falar menos do que o fago,
non serei nunca unha boa parella probablemente
pois é imposible que non me enfade cando alguén
fai cousas que eu non faría.
Nunca darei mentido aínda que ás veces me perxudique,
nunca darei mermado o meu orgullo,
e xunto a el o amor propio
que de tan desgastado, se fixo tres veces máis forte.
Non darei nunca reprimido a miña impulsividade
á que inconscientemente recorro e nunca me axuda.
Nunca comerei comida sana
e probablemente tampouco deixe de fumar.
Tampouco aprenderei a calar
cada vez que escoite tonterías.
Nunca lograrei aferrarme á hipocresía...
Pero terei que recoñecer que teño un talón de Aquiles,
non queda máis que volver e volver bater...
Igual son eu a que describe a canción:
"forte e débil á vez", así é como me vexo.
Recoñezoo en voz alta, pero non serve de precedente para ninguén máis:
fuches ti o boleto afortunado na feira ambulante
que pasou fai xa case tres anos,
e igual que droga non logo descolgarme,
hai algo que me ata, que nos ata
e vai máis aló do físico,
porque sen haber nada máis aló do físico segue existindo algo...
Penso que o feito de que haxa sen haber debe ser algo extraordinario...
algo extrano como o que me deixa seguir avanzando,
depender sen depender, 
querer e odiar á vez...
Que coño era a bipolaridade?¿?
Describiala mal, perdeu o significado 
porque eu sego a miña línea vital,
e marcharei e voltarei, e seguirás aí.
Por saber sempre onde encontrarte (igual que casa)
a pesares de non necesitarte,
de non precisar falar,
do dano que se esquece cando apareces,
de templar con éxito a miña cabeza cada vez que descansa sobre a fría almofada...
Son eu así...afirmar para despois negar,
tambalear eu soa neste eido da miña vida 
que debo recoñercer, pouco abarca,
pero que me enche por intensa.
A quen me espere debe aceptalo,
escoitar verbas adicadas a quen non as merece, 
un oco na miña mente que non se logra encher con nada,
o latir do meu corpo que clama por ti, sempre.
Todo é certo a pesares da doenza de recoñecelo.
O meu nome leva unha soa ese.

No hay comentarios: