viernes, 11 de diciembre de 2009

*This is The End*

É un final e un comezo á vez.
O cerramento dun ciclo, que cerra da meior maneira.
Teño depositado elementos moi positivos no vindeiro ano.
E non se trata da mítica recurrencia de ano novo, vida nova.
Un novo ciclo porque realmente é así,
vital e cronolóxicamente para min.
Só pido que non se derumbe todo igual que castelo de naipes,
pero en caso de seren así saberei reconstruílo 
pois conto coa forza necesaria por fin.
Se esto supón de novo o ascenso ó Mekong,
non rematará esta vez coa morte de Kurtz.
Será por fin o culme dun ciclo
onde os nenos que poblan a illa serán felices.
Sen embargo, sei que non tería lugar este novo final
se non tivera asesinado antes ó coronel.
Non se pode aprender sen vivir, por iso...
...gracias.

2 comentarios:

Souso dijo...

Nunca estivo tam bem dessenterra-los velhos libros do baúl (El amor en los tiempos del cólera) e separa-los pés um chisco da terra... será coissa de que cansa estar por eiquí, pro de quamdo em vez vem bem, ouh...?

PS: Que hay de nuevo, viejo? ;)

Vanesa Iglesias dijo...

Si que ven ben, tas viaxando polos eidos soterrados da mente e /ou memoria lo?¿? ESta ben facelo de vez en cando. Eu pola contra agora mesmo estou ben pegada cos pes na terra (cousa extraña en min..) sen embaro é preciso, son quen de facelo e estou feliz.... :).

***Cando aterrices (pero tómate o tempo que precises), pásate facer unha visita, ou?. BIco**