domingo, 20 de diciembre de 2009

*Redes Antisociais*


Deixo de lado hoxe a miña retórica de poética barata
para abordar tema verdadeiramente serio (?).
Porque ¿quen se cre realmente algo
do que aparece colgado en internet sobre a vida de alguén
nas redes sociais?
Eu son das que abrin un perfil porque todos o fixeron,
pero celosa da miña intimidade (e das fotos nas que non saio ben, tamén)
teño un máximo de vinte instantáneas colgadas.
Sí, refírome ás típicas nas que  a xente se vende,
mostrando xeralmente algo que non é pero que desexaría ser,
ou tratando de reflexar inxenuamente a forma na que a xente pensa que os ve.
¿Canto?
Canto de máis alternativo, canto de mozo máis guapo,
canto de que mellor visto, canto de mellor escote,
canto de "el de la derecha es el que me follé",
canto de falda máis corta, canto de pantacas máis caros,
canto de que ben patino, canto de como me queren,
canto de que feliz son, canto que ben poso,
canto de que borrachos estabamos,
canto de perilla mellor afeitada ou de moreno de pel....
Por non falar daqueles que compiten polo número de "amigos" agregados,
igual que carreira en LeMans.
Comentáronme que se tes menos de cen, xa non eres ninguén...
e moitos colecciónanos igual que figuriñas de ovo de chocolate.
E eu penso se realmente se poden ter douscentos, xa non amigos,
senón tan só coñecidos...
O curioso de todo isto é  que o máis pijo acaba mirado as fotos do máis hippy,
o hippy as do rapero, os skaters  as das mozas dos mods,
as "mega-guais" as das "super-chungas"...
Se ó final, a cultura popular é o que nos tira
e o "vouyerismo" intrusista sobre as vidas alleas de coñecidos e/ou descoñecidos
que aparecen expostas tan gratuitamente
resultan ser tan tentadoras á hora de cotillear 
como biscoito de nata todavía quente.
Hai a quen lle gusta mirar e hai a quen lle gusta que o miren.
Tamén hai frivolidade.
Só...non te enamores nunca dun perfil.

1 comentario:

Vanesa Iglesias dijo...

**Eu só quero unha bolsa de patatas fritas, litros de CocaCola fría, un sofá branco e unha peli dun Fellini barato.

Fuck Off!