lunes, 28 de diciembre de 2009

*Ano Novo*


Por ser fin de ano, véxome obrigada a facer unha retrospectiva do o9.
Non me odien se a continuación me dou un baño de vanidade
pero vexoo preciso para que alguén entenda.
Creo que nunca un ano cos seus correspondentes días me pasou tan rápido.
Non recordo nin moi ben o que fixen pero sí cando empezou,
é dicir, fará o vindeiro xoves doce meses,
e foi un inicio do máis triste e patético.
Pero loitarei, prometoo,
porque este non sexa nin remotamente parecido
polo que finxerei non coñecer a moitos seres
e aferrareime ós caramelos de menta.
O reencontro carnal que se produce cada certo tempo
pinta por fin que se prolongará no tempo...¿ata un reemplazamento?
Retomalo sentoume ben, a fin das terapias psicolóxicas tiña una base cimentada,
"estou ben", "estás ben" foi como un pasaporte a non sei onde,
só esperando que ningún dos camiños reais me conduza a ti.
Non me gusta cazar pero agora a miña cabeza permítemo.
Os golpes dos nosos fráxiles ósos en calquera dura cama, sempre agochados,
eso sí, igual que Marlon no último tango,
falan por sí sós.
Sexa como fose penso que eran acertadas a súas sabias verbas sobre que o pasado pesa demasiado nestes casos:
mirarnos directamente supón o recoñecemento dun fracaso individual na vida de ambos.
A ninguén lle gusta perder. 
E o relato dos teus encontros con corpos alleos ó meu,
ós que a veces me sometes e que non me merezo escoitar,
son aguantados pola miña parte estoicamente.
Estoico igual que a tatutaxe grande que adorna a pel que permito, recorras.
Todos rebotan no meu peito, sen chegar adentro 
sen embargo, o meu único recordo son todas as risas compartidas,
risas sinceras, e con iso é co que me quedo.
Porque xa todo pasou e xa non queda nada, 
só desfruto dos fértiles e volátiles encontros.
Polo demais o resto acábase, a miña vida actual
e os meus nenos de fermosa pedra granítica compostelá,
co corazón máis grande e sentimentos tan reais...
afastarémonos pouco a pouco.
Pero prefiro non pensalo.
Se non coñezo, se é como camiñar sobre un leito que se vai construíndo
conforme ós meus pasos, que así sexa, xa non sinto opresión algunha ó respirar.
Ós que falan; ós que non me queren; incluso ós que me odian,
ós que me rexeiten, ós que de tan progres son reaccionarios,...
valen máis os sentimentos bos daqueles que me rodean,
porque podo sentir a súa calor cando están cerca
e eso, eso, é o que me fai realmente forte.
Por iso brindarei con eles o último día, como vivos mortos todos,
cos que están ó lado, cos que están lonxe e cos que non están.
Do fugaz ano, quédome co mellor para poder mirar
atrás con ledicia, aínda que o lenzo que se expanda tras de min só teña cor
en pequenas manchas, é suficiente.
E seguir sumando así, días igual que follas dun libro fermoso,
sentimentos verdadeiros e experiencias compartidas.
Por que así sexa..

No hay comentarios: