lunes, 25 de enero de 2010

*Morte dun graffiti*

Víame hoxe na obriga de escribir esta entrada. Fixo a casualidade que fora así, que hoxe me sinta un pouco máis triste e máis gris igual que agora as rúas do meu barrio. Hoxe, na miña última clase de Novos Comportamentos falamos dos límites da arte, dos seus privilexios no "campo expandido" os seus dereitos e o seu carácter de conceptual que é o que fai del algo todavía máis atractivo para reflexionar e logo ver (ou de forma invertida, como se desexe). E nesta mesma clase falamos do graffiti: graffiteros xoves, menos xoves, graffiteros que se "venden" a galerías, ¿arte público?, a súa entrada no museo, a protección do mesmo por parte dalgúns gobernos...e logo voltei a casa, e agora estou desolada. Miles de pintadas reinan ás súas anchas no meu barrio, e digo pintadas e non graffiti porque para min eso conleva algo positivo do que estas carecen posto que son malas formalmente e obscenas estéticamente...todas excepto unha. Unha que foi a que algún desaprensivo tivo a fortaleza de tapar burdamente con pintura...¡gris! facendo que a patética situación de abandono do edificio se acentúe todavía máis e privándonos dunha calabaza xigantesca con corpo fantasmagórico negro, de maior tamaño que o dunha persoa e que celebraba a morte de Halloween e a difusión do Samain rezando o seguinte: "Die, Halloween Die! Samain´s Day".  A pintura fora realizada precisamente o derradeiro día do outubro pasado e eu, a pesares de telo constantemente en mente e de forma inxenua, nunca saquei tempo para fotografiala. Non debo estar triste, supoño que a volatilidade que é esencia desta arte tamén ten o seu encanto, igual que o de ser algo prohibido convertindo os graffiteros de certa forma en outsiders. Non deixa de ser curioso porque o único que a pasta grisácea deixou á vista foi a pegada anónima do executor: "MEik a NoiS!".

*http://www.hoyesarte.com/index.php?option=com_content&view=article&id=3718:banksy-estrena-su-primera-pelicula-naturalmente-anonima-en-sundance&catid=89:actualidad&Itemid=364

No hay comentarios: