miércoles, 6 de enero de 2010

*Y no me digas que eres inocente: es un insulto a mi inteligencia, y eso, no me divierte*


Non teño nada que contar realmente,
creo que fixen a entrada só por titulala coa fílmica frase,
a pesares de poder ser aplicada en múltiples ocasións.
Pero non preciso decilo.
Vou facer do escrito unha oda ó silencio.
Podemos aparentar que non pero só cada un sabe o que leva por dentro.
Aprender a vivir sen alguén, é pausible, pódese lograr.
Pero a sensación de mirar e coñecer, sen precisar de verbas,
como unha metalinguaxe nesta comunicación absurda,
é algo digno de vivir.
Creo que a enerxía que se transmite no intercambio pasional,
é moito máis que algo físico:
para min unha retroalimentación recíproca.
Quero dicir, e sei que non será recibido,
que non quero ter medo a falar,
que quero, a pesares de estar calada,
estar segura de que estás seguro, porque eu estou segura.
Non sei se existe un pasado curado,
se pesa máis ou menos nos momentos fugaces
que compartimos en calquera habitación.
Xa da igual.
Pero sí hai recordos,
e non somos ninguén para extirpalos,
só quero velos con ledicia, algo positivo.
E non, non me da medo falar deles,
e non, non me fai dano falar deles,
agora non, aínda que recorra ó silencio.
Unha mirada pode transmitir máis que todo un recital,
e a min non me ruboriza.
E non preciso das túas palabras para saberte.
Nunca me arrepetín de nada do que fixen,
aínda podendo ser a cagada máis grande.
E non o vou facer agora.
Non te preocupes por min: xa falecín moitas veces antes.
E, non, tampouco me gusta a incertidume
como leitmotiv da miña vida.
Agora CarpeDiem.

No hay comentarios: