martes, 19 de enero de 2010

*(In)Comunicación*

¿Podes entenderme?
¿Por qué ninguén me avisou?
Só preciso releer os escritos malos para saber cando son feliz
porque só cando non o son, poden chegar a ser bos.
E últimamente eran demasiado malos.
Non me corresponde a min a felicidade que se poida obter nun leito, 
só porque preciso que se manteña fóra del tamén.
A pregunta retórica que inicia este oco discurso
fai referencia á comunicación (ou incomunicación),
o único estamento que se falla
arrastra como alud todo ó seu paso
e nada do que poidamos facer cos nosos corpos vai a ter sentido.
Se non podo coñecer, se non podo falar nin expresar...
a miña imaxinación ocuparase
de facer todos eses esforzos por min
inventando falacias que me axuden a alonxarme
todo o que poida dunha realidade que non quero ver.
Pensei que era capaz, decían que o tempo o curaba todo,
pero unha vez máis o cálido roce e os bicos roubados,
fan reavivar sentimentos que nunca foron reais;
historias coas que me cegaba crendo que eran verdadeiras
e nunca existiu nada máis lonxe da realidade...
porque non había nada.
Busco sobre ti informacións absurdas en rincóns inhóspitos , 
véndome por calquera nova que desperte das miñas entrañas
un insulto hacia ti, removo a miña danada memoria 
buscando calquera palabra por ti pronunciada
que me fixese dano para dormirme con ese ácedo recordo
e recordarte así cando me desperte.
Procuro odiarte autolesionando o meu xa de por
si débil peito, que é o lugar onde te refuxias sen consentimento. 
¿Que fixemos mal?¿Cal é a mala reacción
que xorde  das nosas químicas caducadas en calquera encontro sobrio?
¿Por que o puto destino non permite que 
camiñemos en paralelo facendo o camiño
cada vez máis sinuoso?
Recordo que un día comentei que nunca podía sair ben
posto que eramos dous titáns nunha loita encarnizada
da cal agora, considerei retirarme.

No hay comentarios: