domingo, 24 de enero de 2010

*Elogio de La Sombra*

...A túa extrema delgadeza evidenciaba a vulnerabilidade que se alberga no fondo da túa persoa, e acariciándote cada vez máis forte, sentíate igual que un neno, cada vez máis pequeno, menos forte, entre os meus hábiles brazos cuxas mans percorrían a túa pel intentando reter mediante o meu tacto cada inexistente imperfección, cada lunar, a diarthrosis...mentras que os meus delicados dedos substituían ós meus ollos cegos. E foi nesa exploración antropolóxica como descubrín o teu esqueleto, que xacía frío ó meu carón. O meu corazón axitouse ó saber que estaba sabendo un por un, cada óso que conforma a túa anatomía. Ósos duros, cruxientes, que delimitan unha beleza que debería poder sobrepasar e romper esa fronteira que a encorseta, que a comprime. De cumprirse isto algunha vez, será cando realmente voltes a min, encontrar a complicidade no teu ollar. Facer de cada movemento algo máis que unha pose estética, física. Foi iso o que botaba de menos mentras te acariciaba de forma agarimosa, suave, tenra, cálida, nerviosa, axitada, agresiva, expectante, excitada... facendo que cada óso que te compón se me presentara. ¡Precisaba das túas entrañas! Desexaba devorarte interiormente igual que protagonista dun "munch": "Vampira". Pero..., ¿era o dano a miña verdadeira fin? ¿Por que non me eras suficiente cando te abrazaba? Os meus brazos buscaban ás tentas o teu corpo que se voltaba facer pequeno, eras como un neno e de novo a vulnerabilidade . Pero non é iso; son os teus silencios os que me recordan que non podo sentir cando te sinto tan preto que a túa respiración invade o meu peito. Que cada vez que te abrace sexa igual que albergar aire entre as miñas mans, ou auga que se escorrega, pó no area ou bágoas na choiva. Son os teus silencios os que me desprazan a un plano frívolo, superficial.
Son o animal disecado nun dos numerosos tarros de vidro que acumulan pó no museo de historia natural...

No hay comentarios: