lunes, 18 de enero de 2010

*Dirty Wednesday (O La Frágil Verdad de Los Colosos)*


¿Como se sinte unha persoa que comparte tanto con outra
e que á vez comparte tan pouco?
¿Tan doado é o fracaso?
¿Tan volátil a tranquilidade mental,
a orde racional,
que pode quedar noqueada polo despertar
dun sentimento esperpéntico, sen sentido?
¿Onde se oculta a razón? Aquela da que presumía
que era quen de gobernar os meus actos a estas alturas?
Saber qué rol ocupamos na vida de outras persoas
sería un fin curioso, digno de estudiar ou averiguar,
aínda que tendamos a vivir a cegas...
Sí recoñezoo, son débil e teño medo,
medo só de voltar revivir calquera tipo de sentimento,
bo ou malo.
¿Cal é o camiño a seguir agora sabendo
que a posición máis intelixente sería metamorfosear
os meus pasos a goma elástica, 
coa súa facultade de estirar cando se ve demasiado cerca do abismo?
Alonxarse. Está implícito na cuestión.
Respirar e volver ver dende un ángulo máis alonxado
a realidade, apreciar de novo o sentimento de 
baleiro na cabeza, lixeiro.
¿Que ten de atractivo a tendencia suicida que nos persegue?
Oxalá todas as raíces metafísicas que conforman os nosos pensamentos
os cales tantas veces  non somos quen de controlar,
se puidesen tornar a algo matérico para poder
botar man da goma de borrar infantil e poder eliminalos 
igual que liñas de cor equivocadas,
evitando así calquera forma de loita, de sufrimento.


No hay comentarios: