martes, 12 de enero de 2010

*Happiness*

Estou en cama e estou escoitando chover.
Cada bater dalgunha gota de fría choiva
me alonxa máis de calquera realidade que non me plaza.
Hoxe saín moitas veces á rúa e nunca choveu canda ós meus pasos:
foi como se ata o ceo non quixese que nin a auga fría me perxudicase.
Esta é a miña lectura,
pasar ó lado positivo da vida pero...
¿canto tempo facía que non o vía así?
¿Canto esperar para poder vivilo?
Se a vida é unha montaña rusa, creo que estou na cima
porque sería o lugar que máis me gustaría percorrer 
en caso de que algún día subise a unha.
A mente, igual que o corpo dun guerreiro,
só cando está forte pode loitar
e permitirse ver o que a rodea
dende unha óptica pura, limpa, doce...
Nin as malas caras, nin saúdos rexeitados,
nin envexas repulsivas, nin traballos a destempo...
Estou ben e son quen de afrontalos
cun sorriso na face e poder desfrutar
do camarero guapo na rúa,
dos leotardos granates,
do raro boneco que coroa o meu paraugas infantil,
da música que acompasa o meu camiñar
polas pedras molladas e do café diario compartido.
Así ata unha longa lista de sucesos cotiás
que son os que realmente alimentan o noso espírito.
Presinto un gran ano, raro, sí
pero estou acostumada a lidiar con reveses e imprevistos.
Descansar a cabeza sobre algo sólido 
pero á vez sentir calor (a túa), 
é a mellor das experiencias. Igual que crecer.
Pero son consciente de que o gran ano,
que espero me espere,
só poderá ser así gracias a todos aqueles que me rodean
(ou me rodeades)
por iso estaría incompleto de non selo 
para todos eles tamén.
Todo o mellor, camaradas.

3 comentarios:

Alexandra dijo...

xefe estamos contijo!!!!

Vanesa Iglesias dijo...

esssssaaaa!!!

Souso dijo...

http://www.youtube.com/watch?v=vWM5D3MwSgA

A fuegho vane!! =D