martes, 31 de julio de 2012

*Driving Me Mad ou o Estado da Lonxanía*


Non podía deixar de pensar nunha panxea. Un fragmento adherido que se separa e flota alonxándose cada vez máis de aquí, máis de min.
Como unha parte do meu corpo, atrofiada por non usala pero da que non podes prescindir.

Un peso que se alixeira.
Unha bágoa que seca.
Unha ferida que pecha.

Saberte lonxe. Deixar de imaxinarte e que me aloumiñes polas noites con dedos estranos.
Saberte lonxe como cadro que fica ó fin rematado. Como á quebrada coa que voar alto.
Saberte lonxe e así como a pedra levanta muros e o ferro, torres así a lonxanía nos irá enterrando en vida.

miércoles, 14 de marzo de 2012

*Luz Mediterránea*

Por onde comezar? Son das persoas que defende a tese de que, xeralmente, todo o mellor que se pode crear, que nace como unha necesidade, sae doadamente da dor, do escuro, do difícil... Polo menos, o máis fermoso. Pero agora, dende a miña habitación anclada nunha das partes máis fermosas dunha das máis fermosas cidades do vello continente, sinto a necesidade clamorosa de escribir sobre o que estou a vivir. De noite, coa ventá aberta inunda o cuarto unha temperatura idílica. Pero é sobre os sons sobre o que desexo falar. Porque Barcelona é, sobre todo, unha cidade para vivir. Lonxe, moi lonxe, do tópico da grande cidade gris, urbana e contaminada, esta ábresa á luz, ó mar, á feliciade. E noto como todos e cada un dos seus cidadáns toman conciencia da cidade que habitan. Que a pesares de poder estar aquí aínda que sexa casualmente, son conscientes de onde viven, e disfrútana. Por iso, camiñar poals súas rúas exhala felicidade que se reflexa nos rostros e actitudes de todos os decoñecidos -milleiros- cos que diariamente me cruzo. "É a luz" -digo sempre acerca disto. Como un cadro impresionista. É a luz mediterránea que se cola dentro de todos e cada un, que ilumina os seus rostros nas saídas das bocas de metro, que nutre as almas. As rúas anchas abrázante loitando contra a exclusión aínda nas zonas poboadas de tendas ás que nin siquera te atreves a entrar. E dende a mañá ata a noite, músicas diferentes soan en todos os lugares: clásica esperando o metro, ambiental na escola, indie colándose pola ventá ó espertar... Tendas monotemáticas que van dende as de maxia ata as de máscaras ou de esferas terráqueas. E cada detalle nos centos de rúas laberínticas do casco antigo describen mundos en si mesmos. E de novo a luz, e o mar, as bicicletas, os cans, os escapartes, os graffities e as galerías de arte, os museos, as tendas vintage e os mercadillos de libros antigos. E a luz de novo, a mestura de idiomas que se fusionan no aire, igual que a das idades e nacionalidades nas beirarrúas.

O outro día merquei unha postal onde se distinguía, baixo dos brillos nacarados, o parque do Tibidabo. A postal rezaba: "Barcelona is a playground".

martes, 7 de febrero de 2012

*Bonecas de Papel*

Albergo un montón de libretas diferentes. Encántame as libretas. Teño libretas pequenas, grandes, gordas, de tapas brandas, que pechan con imán lateral, decoradas, lisas, en formato bloc... Pero teño unha moi especial polo seu contido. Na tapa aparece unha fermosa boneta feita con trazos sinxelos sobre dun fondo raiado. Ós pés dela pon: "muñecas de papel". Agora co paso do tempo, non resulta outra cousa senón irónico en extremo. É como se estivese predestinada a recoller o que alí se ía a escribir. Como se me estivese a describir a min. Resulta que esta libreta foi usada a modo de diario monotemático sobre unha relación que mantiven. Pódese dicir que foi o meu "primeiro amor", como o que venden as películas de adolescentes preuniversitarios americanas, aínda que cronolóxicamente esta afirmación non sexa a correcta, pois sí houbo outros antes. Pero debo admitir que nunca quixera tanto nunca. Querer ata que doe, ata que sangra, ata que te ata. Foi a fusión perfecta de dor e amor que da como resultado "sometemento". E toda esta historia está recollida naquela libreta, como unha especie de novela ten o seu comezo, o seu nudo e o seu desenlace.

Comeza co inicio da relación, describindo os novos e intensos sentimentos, o descubrimento do pracer. Certas matizacións van minando a trama: non todo é tan perfecto como a narradora pretender contar - ás veces, o subconsciente traiciónanos-.

Logo o nudo: as cousas complícanse. Certa bipolaridade por parte do personaxe masculino desestabilizan a protagonista. Ela chora sen dicirllo e pon por escrito os mensaxes de texto que el lle mandara tempo antes onde admitía querela, pero sen utilizar tal verbo ("La verdadera declaración, la que no se dice: siente mucho y habla poco"), para conservar del así a imaxe que ela tiña. As cousas tórcense ata partir.

E finalmente, o desenlace. Cada parte desta última do relato inicia coa data do escrito, como un diario. As datas coindiden coas sesións psicolóxicas as que asiste a protagonista durante un ano. A través delas, anotadas en forma de sentencias aclaratorias precedidas de guións, o lector invirte todo o relato dende o comezo, facendo unha relectura de todo o anterior.

Todos os textos desta libreta están escritos a pluma. Co paso dos anos o papel foina absorvendo como pretendendo liberarme deste peso, dixerindo el só os recordos amargos, secándome as bágoas... As letras van desaparecendo como desaparecen as feridas ó curar. Como desaparecen os sentimentos co paso do tempo. Como desaparece a ilusión segundo vas envellecendo.

jueves, 2 de febrero de 2012

*Narcisimo apolillado*

Non se debe beber con rencor, pero pódese escribir con rencor.

Escribir é a mellor saída de escape e sempre é a opción máis barata fronte a un psicólogo.

Eu son unha posmoderna que le a Carlos Pardo pero non ten facebook. E dende aquí e humildemente lanzo unha pregunta a este respeto: é que xa non resultan atractivos os segredos nunha persoa? É preciso que todo o mundo coñeza cómo che queda o hortero birrete da licenciatura que todavía non lograches sacar? Que te vexan ebrio, drogado, ausente, contento, triste, bailando, correndo, posando, sin camiseta, con camiseta, na boda do colega que no fondo odias dende fai anos, coas sobriñas, cos tíos de Venezuela, descalzo, na praia, nun río,...? É preciso que sepan o que comes, o que ves, o que escoitas? Que sepan das túas vacacións, da casa, do teu can, da última persoa coa que te deitaches, do teu recente corte de pelo, das fotos de cando eras cativo, dos dentes que che partiron á saída do pub que tentabas pechar?
Pero o que resulta todavía máis sangrante son aqueles que colgan toda a súa vida en formato dixital -incluidos autorretratos no baño onde sempre aparece nun segundo plano o rollo de papel hixiénico e/ou WC-, pero cambian o nome. Sustitúen o real por un pseudónimo (frecuentemente nun pseudoinglés) para que só o recoñeza quen el/ela queira. Deduzo, polo tanto, certo avergoñamento cara ese comportamento exhibicionista. Hai, no fondo, certo afán de ocultación. Algo que se acentúa tamén na fotografía de perfil, que tampouco é real, evidentemente. E sen embargo, tantas molestias non serven de nada. O mundo é demasiado pequeno, e o virtual resulta máis pequeno todavía. Por iso, a túa/o teu ex pode verche fotos en estados tan lamentables que farían restar anos de vida a túa nai se lograra conectarse "a tu red social". Pódeas ver e alédase de constatar a quen deixou atrás, compadecéndose tamén en parte, pois a estampa é tan grotesca que promove a compasión. E isto, resulta pouco atractivo. Así, unha soa foto subida sen consentimento pode desmontar o teu alter ego facebookiano no que se tarda en contemplala. A xente prefire descubrir as cousas por sí mesma. Vou romper unha lanza polo tradicional: polas conversas, polas primeiras impresións, pola música que levas no coche, polo libros que tes en casa.

Pola miña parte, avogo de novo pola discreción, polo segredo, pola intimidade, por esa parte oculta que nunca mostramos cando acabamos de coñecer a alguén.
Avogo por exhibir tan só naturalidade: a que só lle mostras a alguén segundo vas confiando nel, proceso que se dilata no tempo.
Avogo pola beleza das tatuaxes só cando se quitan as roupas.

viernes, 6 de enero de 2012

*Qui Non Se Muore Mai*

Eu son a materialización do teu fracaso. Son aquelo ó que culpar, apuntar e cuspir. Eu son os anos que corren e que por ti non pasan. A quen infravalorar, odiar e rexeitar. Son o teu pesadelo á vez que soño húmido frustrado. A táboa impoluta nun día de choiva, o arañazo na porta do teu coche, a chuleta do teu exame, a penosa nota media do teu expediente. Eu son tódolos libros que non liches. A droga que che fai pensar cando a fumas. O cubata de máis, o tropezo nas escaleiras, as bágoas na soidade. Son tódalas túas mentiras e as verdades que sempre ocultaches. Son os amigos que te traicionan, as feridas das túas mans, o espertador tódalas mañás. Son a quen envexar, a quen esquecer e a quen borrar. Eu son o fango que conforma a lagoa na que vas vendo afundir a túa vida cada día.

lunes, 12 de diciembre de 2011

*Cadáveres no Armario*

O meu pobo está cheo de cadáveres sen enterrar cuxas pantasmas resucitan os sábados nos que por falta de opcións, se acorda de maneira errónea, salir nel. Son pantasmas que se adhiren ós corpos temperados dos vivos que loitan por seguir camiñando aínda con eles ás costas. Son pantasmas porque os seus corpos seguen latendo no teu armario, porque os seus recordos son moi difíciles de esquecer nun ámbito xeográfico tan reducido. E unha voz ó oído susurra recomendando incrementar a dose de alcohol e tóxicos no teu organismo coa fin de que iso che axude a enterralos. E toda a noite a pasas buscando un sepultureiro que faga por ti o traballo sucio de esconder baixo terra, por fin, a ollada da pantasma que te mira disimuladamente dende a barra. E de súpeto, atópalo. E despregando as pesadas mantas da túa cama dislle que, por favor, o enterre xa. E ti como plañideira enloitada rompes en pranto interno, silencioso e ferinte como aquelas vellas que repetían de memoria as letanías dun cura cando túa avoa, de cativa, te levaba ós enterros nas tardes estivais. E agora o funeral telo ti, aquí, no teu leito e tentas buscar unha ollada cómplice que che diga que efectivamente o enterrador está facendo o seu traballo, pero non a atopas. E miras ó armario. E os cadáveres alí almacenados baten con puños ensangrentados na porta, desexando saír. Buscándote. Á fin, e gracias a un pequeno facho de luz amarela na habitación, atopas a mirada do sepultureiro que saíndo presuroso da cama e abrochando o botón superior do pantalón, comenta: "Eles pertencen aquí. Eres ti a que se debe ir".

sábado, 3 de diciembre de 2011

*Think Of You Like Movie Star*

"No hay nadie por la calle"- alcei a miña vista e puiden deducir unha figura feminina no balcón máis alto. "No hay nadie por la calle, Vanesa, no hay nadie por la calle". Cómo, esa figura a quen descoñezo pertence, podía coñecer o meu nome? Era un insulto? Eu non son ninguén? Os cinco grados positivos transformaban o alcol consumido en auga no meu organismo. Sabes o que é sentir que non pertences ó lugar en onde vives? Que todo che queda pequeno? Perdoádeme se peco de vanidade, pero sei que é así: que xa non pertenzo ó lugar onde nacín. E todas esas rúas - que son sempre as mesmas- frías, baleiras, esquecidas e vergoñentas expúlsanme como lava dun Vesubio. Aburrinme de contar as baldosas dos baños que xa me sei de memoria nos únicos tres mesmos antros que poboan este pobo. Non pertenzo aquí. Afirmación que me lembra a canción daquel grupo inglés: I don´t belong here, I don´t belong here... E xa non é por ti, é por min. Sei que a me espera algo grande, algo maior. Todo aquelo que comigo, ti non quixeches compartir. E antes de marchar, sola e autónoma, dirixo a miña ollada por última vez a ventá do teu cuarto. Aquel no que compartimos as sábanas, a suor e a calor e penso que me gustaría poder despedirme de ti e de todo esto se non me houbésedes expulsado na maneira en que o fixestes. Pero xa non, xa non me quedan forzas. Nin ganas.

martes, 22 de noviembre de 2011

*Uniformes*

Caminabas lentamente y apenas vestido por el camino embarrado. Poco a poco intentabas expulsar el frío de tus huesos con los harapientos uniformes de todos los soldados caídos que ibas encontrando: una chaqueta americana, los pantalones ingleses, unas botas alemanas, el abrigo francés...¿Qué importaba? Todos habían perdido la guerra. Y tú también. Ella te esperaba en la minúscula cama en algún cuarto de una casa que no era la suya, con la sábanas milagrosamente calientes a pesar de estar desnuda. Tú sólo podías pensar en el tacto de su piel, en el agua caliente, en besos olvidados y en tu pecho desgarrado. Tratabas de convencerme de que si estirabas tu mano, la podías llegar incluso a tocar. Yo no te creía y empuñaba, con fuerza y odio a la vez, mi fusil. Mi hogar y mi todo quedaban mucho más lejos: las batallas que para ti ahora acababan, para mí no hacían más que empezar, una y otra vez.

domingo, 20 de noviembre de 2011

*El oprimido y el opresor*

Erguía a ollada cara o ceo e as gotas de choiva ían empapando os meus párpados ata obligarme a pechar os ollos. Eu xa o sabía, era o medo que tiña. Que tuven dende sempre: que non me pertenza a min un estado natural de felicidade. De que cando o experimente sexa só algo transitorio. Como broma macabra que me fai desfutar de algo que sei que nunca terei. Agora tento descifrar códigos de conducta, poder achar as claves sobre cómo vivir esto que nos tocou. Preguntas metafísicas extraídas de textos compostos por xente de marcados instintos suicidas. E en parte trátase de escapar de aqueles que escapan, ós que tildamos de cobardes ou inmaduros. Trátase de evitar refuxiarse en comportamentos extraños e adoptados sábados pola noite. Trátase de compartir e esquecer cando a primeira liña de luz pola persiana inaugure un novo día.

jueves, 10 de noviembre de 2011

*Supernova*

Lémbraste da bolsa que voa fronte o muro en American Beauty? Os xiros como delicada bailarina acompañada de follas secas. E amarelas. A cámara estática. O branco vulgar... Pois eu só me lembro dos ladrillos que conforman a parede. Case, case, podo dicir cantos son. Estática e esquecida, como perdida entre a néboa e escoitando sen oír as notas do piano que como agullas perforan a miña cabeza baleira de contido, estática, esquecida. Recoñezoo. Foi aquela fotografía iluminada de Jeff Wall a que me lembrou a escena. Escena que á súa vez me recordou ós neóns sobre os que lera aquel domingo de outono entre as que eran as túas mantas. O único que deixaches en casa ó marchar. Bueno, iso e o telescopio que volvín desempoar a pasada semana. Agora tódalas noites miro ó ceo tentado ver supernovas. Xa sei, por certo, o que significa. O nacemento dunha estrela. De outra máis. Resulta que todo se expande, que esto se fai máis grande, cada vez máis rápido. O universo, me refiro. É no que penso mentras ollo a noite polo telescopio que esqueciches, tremendo por mor do frío de novembro. A túa camiseta vella do símbolo mod que usaba para durmir, xa non quenta nas noites de inverno. Non, cando abro a ventá para buscar supernovas. Sexa quizais por iso que nunca as atope.