domingo, 7 de febrero de 2010

*Cadáver Exquisito*

Mentras oprimía con forza o pano de tea branca contra a sangante ferida para cortar a hemorraxia, a súa mente comezou a viaxar alonxándose cada vez máis do lugar real ó que pertencía sen desexalo. Podía ser quen de pensar en mil cousas, en milleiros de cousas... pero o único que lle bombardeaba a cabeza eran ideas que xiraban entorno ó Surrealismo igual que o sangue que lle bombardeaba o padal mentras tentaba reprimir unhas naúseas de forza hercúlea. Sería a clase de arte á que asistira a tarde-noite anterior impartida pola muller de voz tan extremadamente sensual coma intelectual que o arrastraba ata ela levitando mentras parafraseaba citas de Bretón, a causa de que nunha situación así só lle pudese vir ó pensamento tal movemento artístico de comezos de século. Cadáveres exquisitos, formas biomórficas, automatismo psíquico...¡e canta razón levaba o tolo cabeza de cartel seguido pola vangarda parisiense! Deixarnos levar...que aparece frente a nós nese instante de dormevela cando o real se funde cos soños? Apagar os ollos para seguir vendo unha realidade que a veces non sabemos certa...ou era ó contrario? Aquelas ideas abstractas cando a intelixencia traballa sen poñela a traballar, aflorando dende os instintos máis baixos, os instintos reprimidos ata a faceta que mellor se nos dá sen saber que somos quen de levala a cabo. Intelixencia, sexo, dons ocultos xunto a verbas ou pintura todo conformando o inconsciente. Deixarnos levar, os dedos no teclado como compoñendo unha sinfonía, sen pensar, tan só expulsar todo aquelo que levas dentro e que de parares a saludalo nin siquera o recoñecerías...
Esto era no que el pensaba, pero á vez a imaxe da docente recortada no abismo e completamente soa nunha aula enchida de moreas de oíntes, reinaba nas súas retinas pois nin a dor era quen de empañar algo que semallaba poder tocar. Cando xirou a cabeza ela xacía ó seu lado, inerte, igual que un cadáver exquisito.

No hay comentarios: