lunes, 22 de febrero de 2010

*Falaremos do Medo cando teña Pasado*

Porque non é o mesmo chorar de ledicia a chorar por nada.
Hai días nos que pecho os meus ollos deixando que a ténue luz
do solpor se filtre mediante os meus párpados
e elevada, véxome sola.
¿Por qué non compartir?
Cando me paro, e escoito calquera canción que resona dentro da miña cabeza,
cuxas letras sempre logro, de maneira impresible,
entendelas como descripcións da miña propia vida,
deixo que o mundo xire entorno a min
sen saber sequera nin onde estou.
A soidade é miña gran aliada
porque ás veces os plans non son como esperabamos.
E non quero pensar que é o que vai pasar, nin cando...
Se camiñar con calma e con serenidade
fai que deixe ós meus pasos surcos que cada vez son máis profundos
todo por precisar sentir que necesito compartir...
¡Qué débil cando as follas de calquera libro de débito non me enchen!
Poder falarche, agarrarte da man e elevarte comigo...
nada máis que por encima das nubes,
prometo, non subimos máis se non o desexas.
Proba a facelo: nota como as túas verbas
me poden atravesar sen facer dano...
Convertir o meu refuxio nun lugar privilexiado
para os dous onde o frío desapareza...
Volver aprender a besar
e poñer en activo de novo o meu sentido do tacto xa oxidado.
Xa matei as formigas e tirei a froita pasada, ¿ti?
Quero volver experimentar por unha hora ó día recordar que teño teléfono...
Precisar dunha cama grande.
Deixar de escoitar as melodías suicidas.
Evadirme acompañada.

No hay comentarios: