jueves, 18 de febrero de 2010

*A Single Man*

Existen dúas formas de abarcar este filme que, sen dúbida, é digno de visionar varias veces máis: unha é a vertente puramente estética (é dicir, as técnicas cinematográficas, o atrezzo e por suposto, a banda sonora) e outra e a vertente da mensaxe que desexa transmitir. O bo espectador poderá fusionar ámbalas dúas deixándose levar pola poética cinematográfica, á vez que retén o que o director (incriblemente novel) desexa expresar.
Hai unha palabra que para min define este filme e é "preciosismo". O vestiario impoluto, elegante e precioso de Tom Ford, así como os seus complementos (véxanse as gafas do protagonista ou os cigarros rosas) remítennos ós anos sesenta americanos: ós tan cinematográficos campus universitarios, ás zonas residenciais fóra da cidade, os amplos parkings diante dos supermercados... Preciosismo tamén polos movementos e angulacións de cámara (primeiros planos, planos detalle, a poética da cámara lenta,..). A pantalla repleta da xente máis guapa e elegante (culmen no breve cameo de Jon Kortajarena, musa de Tom Ford e de moitos de nós...), non nos pode deixar caer no erro de levar a cabo unha lectura frívola da obra. Esta vai moito máis alá, desmontando o perfecto estilo de vida americano no seu prexuízo máis latente (xunto co racismo): a homofobia.
O personaxe da nena loira veciña do protanista é quen se encarga, precisamente, de desmontar todas esas apariencias de perfectas familias americanas.
A perda, a dor, a incomprensión e o fracaso persoal son os factores que reinan nas vidas dos protagonistas interpretados maxistralmente por Colin Firth e Julienne Moore.
Perfección, elegancia, bo gusto nun contexto de crise social (misiles de Cuba) e dudas existencias é o marco dado polo director para desenrolar unha historia dura que ten como resolución o amor (encarnado nun xove efebo) como bálsamo reparador; aínda que como é o caso, o destino non permitirá que o protagonista desfrute del unha vez máis.

3 comentarios:

Alexandra dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Alexandra dijo...

hai deixasme cunhas ganas locas de velo ;D
Alex

Vanesa Iglesias dijo...

+++
pois anímate rula!! que paga moito a pena *****


biquiño**