martes, 16 de febrero de 2010

*diecinueve (+ 1)*

Sorpréndome relendo escritos que vou atopando por casa
sen saber nin siquera que algunha vez os redactara:
escritos que non son máis que indicadores que describen
paseniñamente a morte lenta desa relación enferma.

Volto escoitar as cancións que me regalaba
mediante as cales só agora co paso do tempo,
me dou conta das mensaxes que me lanzaba
tras das súas verbas e que probablemente,
proviñesen do seu subconsciente;
cousas que nos negabamos a ver e entender.
Versos tan preciosos que fan que non poida crer
que aquelo non fose verdade, que fora algo irreal.

Rememoro palabras, citas, olladas, misterios e vocativos,
apelativos vergoñentos repletos de cariño
que poucas veces mostrabamos de forma mutua.
Rememoro o verso que nos citaba durmindo tan xuntos
que espertabamos siameses
pero non son quen de recordar se algo así sucedeu.
Faime isto pensar en cómo foi que botamos todo
polo sumideiro máis desterrrado e contaminado.
¿Cómo tivemos o valor?

Porque cada vez que estaba preto de min,
xa era como se non estivese,
e penso que eso é todavía peor que
estar físicamente separados de verdade.
E cada vez que unha canción por el regalada me asalta,
algo fica dentro do meu corpo por un segundo
para despois devolverme á realidade e recordalo dano,
as palabras sucias que nos disparamos (a veces sen sentilas, outras sí)
e cun aleteo volvo bater na terra dura
pola que camiño sen el fai xa tanto tempo.
Triste por pensar no que pudo ser e non foi nin será xamáis
pero contenta por brindarme a oportunidade de coñecer
ata que tan alto grao pode unha persoa chegar a ser capaz de querer.

No hay comentarios: