miércoles, 10 de febrero de 2010

*Rainy Day Woman*

Onte choraba porque me daba pena estar sabendo
que ata os nenos poden chorar por non poder amar...
porque me parecía a min tan doado o feito de poder sentir
estando sentada no meu sofá.
¡Todo podería ser tan fácil!
Resulta ser que é o mundo dos adultos
quen complica as relacións,
cegándonnos con egos inoportunos
que nos manexan de tal forma en que
o joker acaba por rirse de nós...
¡Os medos fannos débiles, o ego máis!
Recordo agora as noites nas que penetrabas
nas miñas entrañas forte, descoidada, torpemente...
cegado por unha paixón que non desexabas compartir
mentras os teus movementos rítmicos
se acompasaban á miña voz que xemía só de dor.
Voz que co paso dos encontros te negabas a escoitar
ou só te limitabas a, conscientemente, ignorar.
¡Que pequeno se ve o mundo dende o teu diván de orador!
Que colla na túa man para poder comprimilo...
para poder amoldalo ó que a ti che conveña...
Así de duro é saber que eso é imposible:
unha coraza de protección que se cae de vez en cando
e non somos quen de recompostar...
Soñei que te encontraba só na rúa, tentando
unir ese pedazos rotos de coraza que levaba gravada as túas iniciais.
As bágoas dos teus ollos que me miraban suplicantes, conmovíanme.
Desexaba poder axudarte, sen embargo algo interno en min
impedía poder moverme nin siquera un só centímetro de aproximación
cara a túa persoa: eu pasaba de longo sen poder evitalo.
Espero que a imaxe reflexada sexa algún día do teu agrado,
pois significaría a túa loita gañada en favor diso.

No hay comentarios: