domingo, 21 de febrero de 2010

*Y el final nunca acaba*

Un día meu pai consigueume (nun dos seus numerosos viaxes ó continente africano) unha pequena cría de tigre. ¡Deus, era a cousa máis fermosa que vira na miña vida! O antigo coidador fixo fincapé en que non era un animal doméstico, que se trataba dun animal salvaxe... pero a pesares da advertencia de que non debería crialo en casa, vendeumo. Queríalle tanto...nunca pensei en chegar a sentir un apego tan forte cara a un animal. A pesares das fauces que crecían rápido e das fortes garras, eu colmábao de bicos e aloumiñábao como un pequeno gatiño cada vez que lle levaba de comer (continuamente). El crecía e eu, orgullosa de que soupesen que me pertencía, amosáballo a todo o mundo. Unha tarde dun estío que todavía non chegara, a cría de tigre mordeume xusto no momento no que me dispoñía a ofertarlle unha caricia. Agora teñoo aquí, preto, pero dende ese día está nunha xaula que a min me parece que se fai máis pequena co paso do tempo. Todo o cariño que sentía foise apagando, apágase cada día un pouco máis. Xa non son eu quen lle dou de comer habitualmente. Hai veces en que me sento ó seu carón, dándolle as costas; a miña espalda apoiada na xaula e sen enerxía algunha, como sen ganas, deixo caer pequenos anacos de alimento que dudo, os chegue nin siquera a saborear. Miroo moitas veces , sempre con indiferencia e habitualmente dende lonxe cando paseo por alí. Observar a cicatriz da miña man indefensa que daba caricias noutro tempo, logra todavía hoxe humedecerme os ollos. Hai veces en que a distancia, convén.

No hay comentarios: