jueves, 4 de febrero de 2010

*Carretera y Manta*


"SSSShhhhh!!!!"- díxenlle.- "Non, por deus, non diga eso. Todo o mérito non é meu, pero gracias de todas fromas pois non existe algo que me poidan adicar que me guste máis escoitar. Sen ese personaxe non sería capaz de chegar a onde me encontro agora...Penso a veces que foi a miña mellor creación, aínda que non desexo que se me recorde por el, nunca, ¿sabe?; que me marque tanto que non  sexa capaz de evolucionar. Certo é que foi unha creación que me absorveu, que medrei con ela como persoa (aparte de profesionalmente). Só pretendín que todo aquelo que me fixera sentir, quedase plasmado de boa maneira nunha folla en branco pero facendoo de forma en que el fora o protagonista, que el adoptase o meu rol, que sentira el o que a min me facía sentir para, de algunha maneira, facer do impensable algo todavía máis surrealista. Pero, repito, non quero que se me coñeza só por este personaxe, igual que un actor encasillado en papeles mediocres ó que lle imposibilitan a súa movilidade interpretativa. Eso xa pasou, quero decir, que a este personaxe tívenlle que dar morte na miña última entrega (igual que a un Wallander); sinto non poder especificar cal delas foi porque son tantas que non logro lembrarme. E non, xa llo anticipo a pesares de ser consciente do morbo como consumidor literario, non o vou revivir, nunca protagonizará ningunha saga máis e sinxelamente porque está morto e saben vostedes que o eido da ciencia ficción nunca me motivou. ¿Que como se chamaba? Non logro recordalo"

No hay comentarios: